Querían roubar nunha xoiería e acabaron caendo nunha tenda de fotos en Ourense
Publicado o 09/06/2020 12:35
Querían roubar nunha xoiería e acabaron nunha tenda de fotos. Os ladróns pretendían acceder á xoiería polo método do buraco, pero calcularon mal por centímetros e saíron na tenda de fotos. O falso teito derrubouse e caeron sobre as estanterías de cristal cheas de marcos de fotos. Ao decatarse do erro, saíron correndo, e un deles, segundo testemuñas presencias, ía ensanguentado. O primeiro andar está semiabandonado.
Os donos da tenda levaron un bo susto cando abriron o local. Levaban abertos unha semana despois de permanecer pechados pola COVID. Agora tiveron que pechar de novo. A policía está na busca dos ladróns.