Queremos galego! convoca este mediodía 13 manifestacións en defensa do idioma
Publicado o 17/05/2019 09:27
A plataforma cidadá Queremos Galego! fai hoxe chamamento á mobilización en defensa do galego.
Para este mediodía, convocaron 13 manifestacións simultáneas: nas sete cidades e noutras vilas de Galicia. Para o colectivo, a situación actual do idioma é crítica, pero cre que pode mellorar se se garante a “liberdade, igualdade e xustiza para o galego". A plataforma, que engloba 700 entidades, celebra este ano o seu décimo aniversario.