CRTVG

Buscar

Quen fai a mellor tortilla de Betanzos? No último concurso Esther foi a gañadora

Publicado o 12/10/2021 12:03

Situado nunha das típicas calexas de Betanzos, o bar Galicia acaba de gañar o concurso de tortillas. É un recoñecemento para Esther Corral, a cociñeira e dona do negocio, quen di estar "moi contenta, satisfeita polos clientes. Se non fose por eles non podería facer tortillas nin gañar. Facemos todo o que podemos para que a xente vaia contenta e volva".

O bar abre á unha pero a cociñeira xa está tixelando desde pola mañá cedo. Parece mentira que na súa pequena cociña con dous lumes chegue a facer medio cento de tortillas nun día. "A que é a estrela de Betanzos, pero hai xente que pide un punto máis porque xa a coñecen e fago según a pidan porque quero que a xente vaia contenta, pero sobre todo tirando a líquida, sí", explica Esther.

Unha tortilla grande pode levar 18 ovos, a normal entre 14 e 16. Calcula as cantidades a ollo e di que a súa tortilla, sen cebola, non ten máis segredo que a calidade dos ingredientes. "Uso bo aceite, bos ovos, ovos campeiros, a patata kennebec e se non a hai outra branca, cortala fina, fritila, botarlle sal marina ou Maldon..."

Claro que tamén inflúe a man da cociñeira. Son 9 anos no bar Galicia, e antes noutros. "E a temperatura da tixola vale moito, aí é onde hai que ter o punto que vaia xugosa por dentro e dourada por fóra".
 

Noticias web

12/10/2021