Quéixase de que caen pingueiras no seu piso de Santa Comba
Publicado o 18/02/2021 13:35
Unha veciña de San Comba quéixase de que leva dous anos con pingueiras e humidades no seu piso, un primeiro.
Considera que ten que intervir a comunidade de propietarios para eliminar o problema.
Cando chove, as filtracións, segundo di a dona, convértense en pingueiras seguidas que caen no espazo que antes era balcón e agora está pechado. Desde aí a humidade esténdese ao dormitorio contiguo.
María Josefina Barcía García, dona do piso di: "Por que non o arranxan non o sei, iso terá que dicilo o da comunidade. Agora, a auga vén do piso de enriba. Veu un perito mirar o problema e dixo que viña a auga de enriba. En maio fai dous anos que merquei o piso e levo dous invernos coa auga dentro da casa".