CRTVG

Buscar

Queixas por unha fochanca sen tapar nunha beirarrúa de Lugo

Publicado o 23/07/2020 13:10

Nos seis meses transcurridos dende que se abriu este burato na rúa Aquilino Iglesia de Lugo deu tempo a que naceran acacias que xa teñen medio metro de altura. A cuestión é que a gabia se fixo para reparar unha tubaxe que causaba continuos cortes de auga nos edificios e foi reparada en poucas horas pero o burato non se chegou a pechar, sen que os veciños saiban aínda por que. Esta situación cáusalles molestias para poder acceder a un dos edificios e para camiñar pola beirarrúa.

"Igual que o fixeron, pódeno arranxar. Levará o tempo que leve pero hai que facelo. Eu ata prefiro pagar algo se é preciso porque agora ata nin nos bancos nos podemos sentar."

"Se o reomperamos nós, xa estabamos denunciados e pagando a obra. Pero, como non fomos nós, non hai quen o solucione."

Ademais, a fochanca converteuse nun vertedoiro xa que son moitos os desaprensivos que baleiran nela todo tipo de residuos. O burato está xusto diante do centro social de Lamas de Prado, que utilizan numerosos veciños e que cren que pode ser mesmo un perigo tanto polo risco de caida como polas aglomeracións que se fan na entrada co conseguinte risco sanitario na situación actual. Por eso, reclaman un arranxo inmediato e que a beirarrúa quede como estaba.

"Eu con 92 anos teño que pasar polo medio da xente por non estar as escaleiras arranxadas. Esto nunca se vira en Lugo."

"Non. Ninguén veu. Preguntamos no centro social a ver quen se facía cargo e só dixeron que xa o arranxará quen o rompeu."

No barrio de Fingoi podríase vivir unha situación similar xa que as fugas son continuas e os veciños din que urxe actuar sobre a rede de tubaxes.

Noticias web

23/07/2020