CRTVG

Buscar

Queixas por ruidos, pelexas e estragos no mobiliario nunha rúa de Lugo

Publicado o 23/01/2019 13:50

A plena luz do día nesta rúa de Lugo tan só a trasfega cotiá do ir e vir dos seus veciños altera a tranquilidade. A situación é ben distinta nas fins de semana. Os veciños din que amencer aquí é unha agonía. Pelexas, ruídos, estragos no mobiliario. O conflito parece estar á saída dos locais nocturnos que se concentran nesta rúa.

Valentín Arias, voceiro da Unión de Asociación de Veciños de Lugo: "Este venres volveron a producirse incidentes importantes. Ten habido incluso pelexas graves"

Os veciños esixen máis presenza policial, pero tamén máis control por parte do Concello. Din que estes locais non cumpren cos horarios e cuestionan a legalidade das licenzas que permitiron a súa apertura.

Valentín Arias, voceiro da Unión de Asociación de Veciños de Lugo: "As licenzas haber en que orden están, se é como pub ou como bar. E en canto aos horarios é obvio de que non se cumpren. Eses son os puntos fortes nos que nós imos volver a insistir, haber si conseguimos que haxa paz"

Un problema que aquí veñen sufrindo dende hai sete anos, aínda que houbo unha época máis tranquila, parece que agora volve rexurdir.
 

Noticias web

23/01/2019