Queixas polo fedor, ruído e suciedade dos estorniños en Ourense
Publicado o 15/07/2020 14:07
Os estorniños teñen querencia agora en Ourense polo parque de San Lázaro. Veñen á noitiña e ata a mañá fan aquí as súas necesidades. Sábeno ben os máis madrugadores.
Sucidade, cheirume e tamén, os que viven preto deste céntrico parque, láianse do ruído.
Os ourensáns piden unha solución, aínda que son conscientes de que non é doado dar cunha definitiva. Os estorniños son moi gregarios.
O Concello de Ourense agarda en breve erradicar por completo a praga de estorniños neste parque, din que queda xa só unha pequena bandada, grazas á solta dunha aguia de Harris semanalmente.