CRTVG

Buscar

Queixas pola supresión do tren directo Ponferrada-Vigo

Publicado o 19/07/2021 21:15

O tren 12611 comunicaba Ponferrada con Vigo, saía de Ponferrada ás 6:15 e chegaba a Vigo Guixar ás 11.30. Os viaxeiros que empregaban ese servizo directo xa non dispoñen dende este luns. Agora teñen que esperar dúas horas na estación de Ourense para coller outro tren que os leve a Vigo. A viaxe que antes era pouco máis de cinco horas, convértense agora en máis de sete.

Así, os valdeorreses, por exemplo, pasarán de tardar catro horas e media para chegar a Vigo a seis horas e media. Dende Renfe din esta modificación fíxose para servir de enlace ao Alvia, que dende hoxe vai de Madrid a Vigo por Santiago, e para dar servizo a Redondela e Guillarei. Renfe engade que moi poucas persoas empregaban este tren directo a Vigo.
 

Noticias web

19/07/2021