CRTVG

Buscar

Queixas dos veciños ante a escaseza de axentes de Policía Local en Lugo

Publicado o 05/06/2019 16:21

Volven as protestas en Lugo ante a escaseza de efectivos da Policía Local. Unha ruidosa festa na rúa Galicia durante a madrugada do luns ao martes, que rematou pasadas as sete da mañá pero por esgotamento dos festeiros. Porque os veciños din que chamaron a Policía Local para que enviase unha patrulla e puxese fin ao balbordo que lles impedía descansar. E a resposta que lles deron desde comisaría foi que había tan só dous axentes de garda e que non acudirían. Tras as recentes xubilacións no corpo, o Concello de Lugo convocou recentemente 30 novas prazas, pero están aínda por cubrir.

 

 

 

 

 

 

 

Noticias web

05/06/2019