Queiman un autobús con cócteles molotov en Belfast
Publicado o 08/04/2021 08:54

O Parlamento de Irlanda do Norte ten hoxe unha reunión de urxencia para tratar os incidentes violentos dos últimos días. O incendio dun autobús urbano con cócteles molotov este mércores en Belfast é un deles.
A tensión foi a máis nos últimos meses polos acordos comerciais tras o brexit. A primeira ministra Arlene Foster condenou a violencia e dixo que isto non é unha protesta, que é vandalismo e intento de asasinato.