CRTVG

Buscar

Queiman autobuses en São Paulo pola morte dun mozo

Publicado o 17/06/2020 09:08

Polo menos cinco autobuses do transporte público foron incendiados este luns en São Paulo.
Estes incidentes, protagonizados por un pequeno grupo que fixo descender os ocupantes dos buses e logo prendeulles lume, aconteceron despois dunha manifestación en protesta pola morte dun mozo. Segundo algunhas testemuñas, o rapaz, de 15 anos, foi abatido pola policía militar.

Noticias web

17/06/2020