Quedan libres de peaxes en España a AP-7 e a AP-4
Publicado o 01/01/2020 15:06

A outra cara da moeda témola en dúas autoestradas estatais que quedan libres de peaxe dende hoxe É o caso da AP-7, no treito que recorre a Comunidade Valenciana de norte a sur, case 400 quilómetros que son gratuitos dende esta noite pasada ao rematar a concesión. E suporá un aforro para os cidadáns de 300 millóns de euros anuais, segundo os datos de Fomento. E tamén queda libre de peaxes a AP-4 entre Sevilla e Cádiz. Os usuarios celebrárono cun brinde ao pé da estrada.