CRTVG

Buscar

Quedan en liberdade os 13 detidos por abusar dunha menor nun parque de Madrid

Publicado o 06/04/2021 16:31

Quedan en liberdade os 13 detidos en Madrid acusados de abusar sexualmente dunha menor de 16 anos nun parque. A rapaza bailaba cuns amigos cando se viron rodeados por un grupo de 18 persoas. Comezaron a realizarlle tocamentos en distintas partes do corpo. Mentres uns abusaban dela, outro rouboulle o teléfono.

Os amigos chamaron a policía e tras localizar parte do grupo detiveron 13 deles. Entre os detidos hai nove adultos e catro menores de idade. Son de distintas nacionalidades: española, marroquí, venezolana e dominicana.

Noticias web

06/04/2021