CRTVG

Buscar

Queda prohibida a circulación dos patinetes eléctricos por beirarrúas e zonas peonís

Publicado o 10/11/2020 21:16

A proliferación nas zonas urbanas do uso dos chamados vehículos de mobilidade persoal, entre eles os patinetes eléctricos, obrigou a DXT a publicar a finais do ano pasado unha instrución que establecía toda unha serie de condutas sancionables como circular polas beirarrúas ou a máis de 25 km/h. Trátabase dunha instrución transitoria á espera da chegada dunha nova normativa que hoxe foi aprobada polo Consello de Ministros.

Definitivamente queda prohibida a circulación dos patinetes eléctricos por beirarrúas e zonas peonís. Tampouco poderán circular por vías interurbanas ou que transcorran por poboados, nin por túneles urbanos. A velocidade máxima será de 25 km/h. E o condutor dun patinete poderá ser sometido a probas de alcoholemia e non poderá usar auriculares. Todas elas normas que a DXT xa viña aplicando e tamén algúns concellos.

Como novidade os patinetes deberán contar co correspondente certificado de circulación que acredite que cumpren cos requisitos técnicos do manual que terá que aprobar a DXT.

O novo regulamento, que entrará en vigor o vindeiro 2 de xaneiro, inclúe outros vehículos eléctricos persoais. Quedan fóra os empregados por persoas con mobilidade reducida.

Noticias web

10/11/2020