CRTVG

Buscar

Queda en liberdade o acusado de agredir outro home cunha machada en Vilagarcía

Publicado o 19/05/2021 12:40
Queda en liberdade o acusado de agredir outro home cunha machada en Vilagarcía

Queda en liberdade o home detido por, presuntamente, agredir o luns cunha machada o pai dun mozo de Vilagarcía co que tivera unha liorta. O home, veciño de Caleiro, en Vilanova, e con antecedentes por narcotráfico, fuxiu tras a agresión.

Despois de tomarlles declaración á vítima e ao seu fillo, que o identificaron, foi detido onte a media mañá. Horas máis tarde quedou en liberdade, pero acusado dun delito de lesións á espera do que determine o xuíz. 

Noticias web

19/05/2021