CRTVG

Buscar

Queda en liberdade o emigrante galego que conduciu en sentido contrario cun cadáver de copiloto

Publicado o 09/04/2021 19:55

O emigrante galego que conduciu 30 quilómetros en dirección contraria cun cadáver de copiloto. Circulaba por Francia ata que atopou un control policial e deu volta en plena autovía. Fuxiu en sentido contrario ata que entrou en Xirona. No concello de Jafre acabou tendo un accidente.

Os Mosos d`Esquadra que o seguían descubriron entón que o home non viaxaba só. Levaba de copiloto un cadáver, envolto cunha manta e co cinto de seguridade posto. Calcúlase que estaría morto de tres semanas. O corpo estaba en avanzado estado de descomposición e coas mans momificadas.

O condutor é un galego de 66 anos emigrado a Suíza. O seu acompañante era, supostamente, a súa parella: un home suízo de 88 anos. En principio, parece que a súa morte se debeu a causas naturais. Será a autopsia a que o confirme.

Mentres tanto, o detido terá que explicar ante a xustiza que facía paseando o defunto por varios lugares de España e de Europa. Os Mossos acúsano dun delito de condución temeraria.

Noticias web

09/04/2021