CRTVG

Buscar

Queda en liberdade e investigado por lesións o home que agrediu cun coitelo a súa ex-moza na Fonsagrada

Publicado o 20/04/2020 14:23

A titular do xulgado de primeira instancia da Fonsagrada decretou liberdade en calidade de investigado do home que o venres foi detido nesa vila por atacar cun coitelo a irma da súa ex-moza.
O detido, de 31 anos e nacionalidade hondureña, continuaba convivindo coa ex-moza e a súa irmá dende que se decretou o estado de alarma a pesar de que finalizara a relación sentimental e de que ambas mulleres lle pediran en repetidas ocasións que abandonase a casa.

O pasado venres o home agrediu cun coitelo a irmá da ex-moza e causoulle un corte na man. Está investigado por un delito de lesións leves.

Noticias web

20/04/2020