CRTVG

Buscar

Queda atrapado na cabina o condutor dun camión que se precipitou baixando As Estivadas, na A-52

Publicado o 23/09/2020 14:17
Queda atrapado na cabina o condutor dun camión que se precipitou baixando As Estivadas, na A-52

O condutor cun vehiculo articulado quedou atrapado no interior da cabina tras precipitarse na A-52 baixando As Estivadas en dirección a Trasmiras.

O accidente produciuse entre o quilómetro 178 e 179. Ata o lugar desprazouse a Garda Civil de Trafico, os bombeiros, unha ambulancia e o helicóptero do 061.