CRTVG

Buscar

Que seguridade teñen as distintas probas con vistas ás reunións familiares?

Publicado o 17/12/2020 15:42

A recomendación chegaba desde o Consello Interterritorial de Saúde: os sanitarios non deben prescribir probas de autodiagnóstico. O ministro de Sanidade explicou que houbo unanimidade para que os médicos non receiten estas probas que se venden en farmacias.

Pero o positivo ten que contrastarse cunha PCR. O epidemiólogo Juan Gestal confirma que os tests que detectan anticorpos o que nos din é se pasamos a enfermidade, e polo tanto non valen para responder á pregunta de se somos realmente positivos en covid. 

A pregunta é se podemos contaxiar. Un resultado negativo pode xerar unha falsa seguridade. A proba máis fiable segue sendo a PCR, pero ralentiza o resultado entre 24 e 48 horas.

Logo están os tets de antíxenos máis rápidos. Con todo, o inmunólogo Alfredo Corell matiza que "hai que facelos no mesmo día en que se vai facer o evento. E poden xerar a ilusión de que se dou negativo non vou contaxiar. Isto non é así".

Por iso a mensaxe a súa mensaxe segue sendo: "Facer unha cea só cos que convivo habitualmente e conectame por vídeo cos meus amigos e a miña familia".

Noticias web

17/12/2020