Que recomendan os pediatras para saír cos menores sen correr riscos?
Publicado o 24/04/2020 21:14
Tras 6 semanas confinados na casa os paseos ao aire libre terán, segundo os pediatras, evidentes beneficios na saúde física e psicolóxica dos máis pequenos. Pero saír á rúa con eles xera nos pais e nais algunhas dúbidas. Entre elas se é necesario que leven máscara.
As recomendacións varían moito en función da idade dos nenos, pero hai consellos comúns, entre eles a insistencia na hixiene continua das mans, unha medida moito maís eficaz que os guantes.
É imprescindible que os nenos manteñan a distancia social, por iso haberá que explicarlles tamén que non serán paseos como os de antes.
Recomendan ademais que na medida do posible os paseos sexan en zonas verdes e abertas.