Que podemos facer para protexer a pel da invernía?
Publicado o 12/01/2021 21:22
Se non protexemos ben a pel, o frío deshidrátaa, faina débil e causa nela alteracións. As frieiras son as máis específicas deste tempo e os eccemas son as máis frecuentes.
Unha serie de recomendacións básicas poden axudarnos a evitalas. Ademais de hidratarse, é importante abrigar a parte do corpo pola que máis calor escapa.