CRTVG

Buscar

Que pasa coa segunda dose da vacina de AstraZeneca?

Publicado o 17/03/2021 15:04

Hai dúbidas arredor da suspensión temporal da vacina de AstraZeneca. A maioría proveñen dos cidadáns xa vacinados.

Porque se suspende agora a vacinacion co soro de AstraZeneca e non antes?

"Houbo unha alerta, esto indica que o sistema de fármacovixilancia despois das vacinas funciona", África González, inmunóloga.

Que vai pasar durante esta pausa no proceso de vacinación?

"A Axencia Europea do Medicamento está facendo unha análise exhaustiva de todos os casos descritos", Amos José García Rojas, presidente  da Asociación Española de Vacinoloxía.

E segura esta vacina?

"De momento só existe esa relación temporal, non se puido demostrar esa relación causa, e aínda que así fose, os casos son mínimos", Federido Martinón-Torres, membro do comité asesor de vacinas da OMS.

Os vacinados non precisan dun seguemento médico específico, pero ante que síntomas hai que consultar ao médico?

"Tranquilidade, que non se preocupen, se teñen sintomatoloxía non habitual coma dor de cabeza persistente, alteracións visuais, deben acodir ao médico", Federico Martinón-Torres, membro do comité asesor de vacinas da OMS.

Que pasará coa segunda dose, sobre isto autoridades sanitarias informaran tras a resolución do informe da Axencia Europea do Medicamento, os escenarios que se abren son dous?

"Se se retoma a vacina, completarán a pauta sen máis; se a suspensión se mantén, entón as autoridades sanitarias deberán establecer un novo protocolo que probablemente consistirá na vacinación cunha das vacinas aprobadas", Federido Martinón-Torres, membro do comité asesor de vacinas da OMS.

Será mañá cando a Axencia Europea do Medicamento emita un informe sobre se se mantén a vacinación con este fármaco.

Noticias web

17/03/2021