Que medidas entran en vigor a partir deste sábado en Galicia?
A partir da medianoite deste sábado, Monforte de Lemos será o único concello en nivel medio de restricións. O resto dos municipios galegos estarán no nivel baixo.
Xunto a isto, a Xunta tamén anunciou que se levanta a prohibición de quedar con persoas non conviventes entre as tres e as seis da madrugada.
Ademais, aumenta a capacidade tanto na hostalería como no ámbito privado. No interior poderanse reunir grupos de ata máximo oito persoas. No exterior, a limitación está fixada en 15 persoas.
Agora, a ocupación na hostalería réxese segundo o novo protocolo que divide os locais en dous niveis de seguridade, independentemente do nivel en que se atope o concello. A limitación horaria para a hostalería segue fixada para a unha da madrugada.
O ocio nocturno aínda non ten un protocolo propio e segue rexéndose polo nivel en que se atope o municipio. No caso do nivel medio, poderán abrir cunha ocupación do 75 % nas terrazas e 50 % no interior. No baixo, a capacidade é do 100 % nas terrazas e 50 % no interior.