Que facer se confinan o hotel onde estamos aloxados?
Estamos en pleno verán e a xente comeza a viaxar, pero, que podemos facer ou que dereitos temos se confinan o hotel onde esteamos aloxados?
Na actual situación, as axencias recomendan que no caso de contratarmos unha viaxe, con hotel incluído, o fagamos cun seguro Covid por se quixésemos cancelar ao se producir algún caso de coronavirus no hotel onde estamos aloxados e desexásemos abandonalo. É a única maneira, din , de no perder os cartos.
Se non temos este seguro, o establecemento non vai devolver os cartos, xa que está prestando o servizo. Pode darse tamén a circunstancia de que teñamos que quedar no hotel en corentena por obriga. Neste caso é a Administración a que ten que correr con todos eses gastos extra.
Se se confina un hotel por casos de COVID-19 e hai que cumprir corentena obrigatoria, é a Administración a que ten que correr cos gastos extra dos clientes. Outra circunstancia diferente é que por un caso de COVID-19, un cliente queira abandonar o hotel anticipadamente. Neste caso, o establecemento non está obrigado a devolver os cartos, xa que segue prestando o servizo.
A situación xa se está a notar no sector hoteleiro, que amosa a súa precocupación xa non polas cancelacións, senón pola freada das reservas.