CRTVG

Buscar

Os maiores no Nadal: quedan na residencia ou van coas familias?

Publicado o 07/12/2020 10:24

Chegan as festas de Nadal e son moitas as familas que non saben que facer cos seus maiores: se quedan nas residencias en que habitualmente viven ou se van para as súas casas pasar estes días coas familias.

O doutor Miguel Ángel Vázquez, presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría, é partidario de que os maiores que estean nunha boa condición física pasen as festas de Nadal coas súas familas. Manifesta que habería que levalos para convivir uns días nun pequeno núcleo familiar, que non supere as cinco ou seis persoas. Cando regresen á residencia deberíaselles facer unha PCR para que volvan coas garantías ao lugar en que estaban.

Na súa opinión, os maiores demostraron unha resistencia exemplar e que o Nadal ten unha compoñente de agarimo que reforza o seu sistema inmunitario. O sentirse querido é unha condición importante para estar ben.

As familias deberán asumir unha serie de comportamentos de responsabilidade para non contaxiar os seus maiores e ante a dúbida deberán facer un test de antíxenos.  

Miguel Ángel Vázquez é partidario de que cada cinco días se lles faga unha PCR á xente que está nunha residencia e illar os positivos inmediatamente.

Destacou que a xente da residencias non se infectou a través das visitas dos seus familiares e si polo persoal. Manifestou que non recoñecemos o labor da xente que coida dos nosos maiores.

O presidente da Sociedade Galega de Xerontoloxía e Xeriatría pide un informe claro para que se saiba cantas persoas morreron nas residencias. Segundo os seus datos, en España faleceron máis de 48.000 persoas.

 

Noticias web

07/12/2020