CRTVG

Buscar

Puy nega que o PP derive cara a posicións máis conservadoras

Publicado o 04/10/2021 16:27

No Partido Popular de Galicia quedaron satisfeitos cos resultados da Convención Nacional do PP, que comezou en Santiago e rematou onte en Valencia. Os populares galegos cren que deixaron claro que hai unha alternativa a un Goberno, o de Pedro Sánchez, que só dialoga cos radicais.

O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, asegurou este luns que non cre que haxa unha "deriva ideolóxica" do PP cara a posicións máis conservadoras e atribúe esta interpretación da convención dos populares, que se pechou onte en Valencia, a un intento de "desprestixiar o partido que acaba de demostrar que é unha alternativa de Goberno".

Noticias web

04/10/2021