CRTVG

Buscar

En Puxedo, concello de Lobios, reviven a malla do centeo como hai medio século

Publicado o 15/08/2019 19:13

Moitos seguro que non coñecen como se mallaba o centeo hai medio século en Galicia. Para recrear estes traballos e facerlle unha homenaxe celebran en Puxedo a Festa da Malla. 

Deste xeito obtíñase o grao para facer o pan nas eiras do noso país por estas datas pero retrocendo medio século. Uns traballos que, malia que eran sufridos, as máis maiores de Puxedo recrean hoxe con gusto de poderllos amosar os netos e netas.

Hai cinco anos que se fai en Puxedo esta festa da malla na que uns coñecen o noso pasado e outros revíveno con nostalxia. Unha festa organizada pola veciñanza de Puxedo na que todos participan para poñer en valor o noso rico patrimonio etnográfico.

E é que un pobo sen memoria é un pobo sen identidade.

Noticias web

15/08/2019