Putin e Erdogan acordan a retirada das forzas kurdas a máis de 30 km da fronteira
Publicado o 23/10/2019 17:04
• Rusia e Turquía patrullarán a fronteira turco-siria
As milicias kurdas retiráronse da franxa fronteiriza no nordeste de Siria, que pasarán a patrullar conxuntamente tropas turcas e rusas, segundo o acordo asinado este martes polos presidentes Vladimir Putin e Recip Tayyip Erdogan.
A franxa de seguridade terá unha profundidade de 10 quilómetros e os kurdos deberán retirarse a unha distancia de 30 quilómetros desde a fronteira turco-siria.