CRTVG

Buscar

Putin deséxalle boa saúde a Biden tras chamarlle este asasino

Publicado o 18/03/2021 18:34
Putin deséxalle boa saúde a Biden tras chamarlle este asasino

O presidente de Rusia, Vladímir Putin, respondeu hoxe con desexos de "boa saúde" ao ataque persoal do seu homólogo estadounidense, Joe Biden, quen dixo que lle consideraba un asasino, nunha entrevista televisada que puxo a lume vivo as relacións entre Moscova e Washington.

"En canto ás declaracións do meu colega estadounidense, nós, como el dixo, coñecémonos persoalmente. Que lle contestaría? Eu diríalle: 'Teña boa saúde'. Deséxolle boa saúde", dixo Putin nunha videoconferencia con representantes da sociedade de Crimea, transmitida pola televisión estatal. O xefe do Kremlin engadiu acto seguido que dicía isto "sen ironía e non de broma" sobre Biden, de 78 anos.

Noticias web

18/03/2021