Putin dá unha semana de vacacións aos rusos para frear a pandemia
A covid gaña terreo en Gran Bretaña e nos Estados Unidos, pero sobre todo en Rusia. Alí sumaron 34.000 contaxios novos de onte a hoxe, e as mortes xa se contan por mil cada día.
"Agora é especialmente importante frear o pico da nova onda da pandemia", dixo Putin durante unha reunión telemática co Goberno sobre a situación sanitaria no país
O nivel de vacinación en Rusia é baixo. Só o 32 % da poboación ten a pauta completa.
Repunta de contaxios no Reino Unido
O Reino Unido leva unha semana con 40.000 contaxios diarios, unha cifra que supera a de hai un ano. Preocupa a circulación dunha mutación da variante delta, a delta plus, e investigan se é ainda máis contaxiosa.
A elevada porcentaxe de poboación vacinada limita de momento a mortalidade e os casos graves de covid, pero como medida preventiva o goberno británico adianta a inxección da terceira dose para a poboación de risco. O que non atende de momento é a recomendación das autoridades sanitarias para que adopte outras medidas, en concreto a obrigatoriedade do uso da máscara en interiores e a presentación do certificado covid para acceder a determinados recintos pechados.