CRTVG

Buscar

Pulso entre os aspirantes do PSdeG pola deputación de Lugo

Publicado o 07/06/2019 19:10

Na Deputación de Lugo postúlanse para presidila dous candidatos do PSdeG: o actual rexedor en funcións e o alcalde de Monforte. Os socialistas negan desavinzas. Din que traballan para consensuar unha lista única.

 

Darío Campos, alcalde da Pontenova, revalidou o cargo e quere seguir sendo presidente da Deputación de Lugo. Pero un compañeiro do PSdeG, o alcalde de Monforte, Xosé Tomé, tamén aspira a ese cargo. Xa se celebraron reunións en diferentes partidos xudiciais para ver quen contaría con máis apoios, pero desde o PSdeG negan desavinzas, só as tensións propias dun proceso interno do partido.

Lara Méndez, alcaldesa en funcións de Lugo: "A posibilidade de postularse, posicionarse distintos candidatos asumímolo cunha total normalidade, na que se seguen os procesos establecidos nos nosos estatutos e nos nosos regulamentos".

Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG: "Eu diríalle a todo o mundo que traballe moito, que estea todo o mundo moi tranquilo. Estamos enfocando todo moi ben e que o Partido Socialista ten un mecanismo claro para perfilar todo o futuro en cada un dos procesos".

O presidente en funcións da Deputación de Lugo di que a súa intención é buscar o consenso para confeccionar unha lista única que levar a Madrid. A dirección socialista en Ferraz terá a última palabra.

Noticias web

07/06/2019