Puigdemont: "A sentenza confirma a estratexia de represión e vinganza"
Publicado o 14/10/2019 16:24
O ex-presidente da Generalitat de Cataluña Carles Puigdemont afirmou este luns que a sentenza do Tribunal Supremo que condena a prisión aos líderes do "procés" confirma unha estratexia de "represión" e "vinganza".
"A sentenza do Tribunal Supremo contra membros do Goberno, o Parlamento e as entidades sociais máis importantes de Cataluña, confirman a estratexia da represión e a vinganza contra todos os cidadáns e cidadás que buscaron a vía da democracia para facer posible a súa vontade", dixo Puigdemont nunha rolda de prensa en Bruxelas.
A sentenza, asegurou, "condena a máis de dous millóns de persoas que fixeron posible o referendo de autodeterminación do 1 de outubro de 2017", declarado ilegal pola xustiza española.