CRTVG

Buscar

Puig e Comí, libres tras declarar en Bruxelas

Publicado o 08/11/2019 08:20

A xustiza belga deixou en liberdade os ex-conselleiros cataláns Toni Comí e LLuis Puig, que se presentaron onte voluntariamente na Fiscalía de Bruxelas tras activarse a euroorde de detención contra eles.

Despois de declarar durante varias horas, o xuíz impúxolles a prohibición de saír de Bélxica, á espera de fixar a data para a audiencia definitiva, que as súas defensas queren facer coincidir coa de Carles Puigdemont, o próximo 16 de decembro.

O ex-conselleiro Toni Comín desmarcouse dos CDR detidos e puxo en dúbida a veracidade dos atestados policiais.

Noticias web

08/11/2019