Puig anuncia oficialmente o adianto das eleccións valencianas ao 28 de abril
A Generalitat valenciana adianta un mes as eleccións autonómicas. Van coincidir coas xerais do 28 de abril. O Goberno autonómico inaugura así a prerrogativa introducida en 2006 no seu estatuto e que lles permite ter un calendario electoral propio a semellanza das comunidades históricas. O presidente, Ximo Puig, xustifica a decisión para darlles visibilidade aos problemas dos valencianos.
Ximo Puig, presidente da Generalitat valenciana: "Adiantar as eleccións autonómicas rompe coa inercia dunha posición que ata agora non nos axudou. A partir de agora, votaremos como actores de primeira fila da política española, en igualdade de condicións coas comunidades autónomas que xa exercen ese dereito e que son denominadas como nacionalidades históricas".
Os cinco conselleiros de Compromís que gobernan en coalición cos socialistas opuxéronse á decisión.
Mónica Oltra, vicepresidenta da Generalitat valenciana: "Non hai razóns politicas, que si concorren no caso do Goberno de España, para adiantar as eleccións autonómicas".
Oltra dubida de que a mellor maneira de singularizar os comicios sexa facéndoos cadrar cunhas xerais.