Publicou unha foto da vítima da Manada mentres a violaban, pero non irá ao cárcere
Publicado o 06/08/2020 22:30

A Audiencia de Navarra rebaixa a condena dun home acusado de publicar a foto no seu Twitter acompañada de comentarios insultantes contra a vítima.
Como consecuencia a moza perdeu o seu anonimato, abandonou a universidade por medo a ser identificada e marchou vivir ao estranxeiro. En primeira instancia o acusado foi condenado a dous anos e un día de cárcere por revelación de segredos e por un delito contra a integridade moral.
Tamén se fixou para el unha multa de máis de 4.600 euros. Agora só terá que pagar algo máis de tres mil euros de multa e rebáixanlle a pena nun día, o que lle permitirá eludir a prisión.