CRTVG

Buscar

Publícase no BOE o inicio do proceso para declarar morta a Sonia Iglesias

Publicado o 05/03/2021 15:54
Publícase no BOE o inicio do proceso para declarar morta a Sonia Iglesias

O pasado mes de agosto facía 10 anos da desaparición da moza pontevedresa Sonia Iglesias, un caso cargado de incógnitas sen resolver. En novembro o seu fillo iniciaba os trámites xudiciais para que se determinase oficialmente o seu falecemento e o BOE xa publicou o anuncio da posta en marcha dese procedemento. Unha vez transcorra o prazo convido, declararase o falecemento de Sonia Iglesias, facendo aínda máis complicado aclarar as respostas sobre a súa desaparición.

Noticias web

05/03/2021