CRTVG

Buscar

Publican un cómic didáctico para fomentar o emprendemento entre as mulleres

Publicado o 30/04/2021 15:33
Publican un cómic didáctico para fomentar o emprendemento entre as mulleres

Hoxe presentouse en Santiago un cómic didáctivo destinado a facilitar o emprendemento entre as mulleres. No acto participaron os conselleiros de Cultura e de Traballo, ademais da súa autora, a profesora da Universidade de Vigo Elena Rivo.

A obra titúlase Mulleres en acción: unha guía polo emprendemento, e tenta responder as dúbidas máis habituais de xeito ameno.