CRTVG

Buscar

Publícase unha reedición do primeiro álbum de Carlos Núñez

Publicado o 29/07/2021 20:10

Era 1996 e a música folk galega revolucionábase. O gaiteiro Carlos Núñez publicaba o seu primeiro disco en solitario, que levaba o nome dun tema: A irmandade das estrelas. Nel colaboraron 50 músicos, entre eles, The Chieftains ou Luz Casal, e supuxo unha apertura ao mundo.

Nesta nova edición, aquel primeiro traballo medra e convértese nun dobre disco con temas novos e novas colaboracións: Rozalén, que canta unha seguidilla, ou Andrés Suarez, que interpreta unha cantiga de Martín Codax con instrumentos da época.

Ana Díaz ou Iván Ferreiro e as Tanxugueiras tamén están neste disco, que este venres estará en todas as plataformas dixitais.

Noticias web

29/07/2021