PSOE e Unidas Podemos manteñen as discrepancias sobre a fórmula de goberno
A voceira de Unidas Podemos confirma que as súas aspiracións non cambiaron e queren gobernar.
Irene Montero: "Cando se cambian as cousas importantes de verdade é cando estás no Goberno. As fórmulas de como sexa ese goberno é unha cousa que hai que darlle tempo e paciencia".
O Goberno en funcións sinala outras fórmulas.
Borrell: "Non é imprescindible unha coalición. Pódese perfectamente ter un programa de goberno que executa un goberno apoiado. É o que pasa en Portugal".
E tamén algúns líderes territoriais, con eleccións dentro duns 15 días, defenden un goberno en solitario.
"Creo que é mellor socialistas todos. Ou polo menos de absoluta confianza do que os nomea, o presidente".
Da rolda de contactos de Sánchez queda outro titular: a batalla entre PP e Ciudadanos por liderar o centrodereita.
Villegas: "Liderar a oposición a este Goberno de Sánchez e intentar aglutinar todos os descontentos".
O líder do PP acusa a Ciudadanos de plaxiar o seu programa, con propostas como o 155, e alerta sobre os posibles pactos despois do 26.
Casado: "Que plaxia o noso programa, pero tarde e de xeito hipócrita porque non sabemos, nin sequera a día de hoxe, se acabarán sendo a respiración asistida de gobernos do PSOE municipais, autonómicos, ou quen sabe se a nivel nacional".
Cre que a Ciudadanos se lle vai facer moi longa toda unha lexislatura como terceira forza do Congreso.