CRTVG

Buscar

PSOE e Podemos pecharon filas e din que o seu debate interno se amplifica de máis

Publicado o 06/03/2020 14:25

O PSOE e Podemos volverán reunirse a semana que vén para avaliar o estado de saúde do seu acordo para gobernar en coalición. Explica a vicepresidenta primeira, a socialista Carmen Calvo, que a xuntanza se vai producir no prazo estipulado, e que o que se publicou ao longo desta semana foi esaxerado.

Os ministros de Podemos cren que as diferenzas entre os dous partidos van seguir aí, pero que iso non ten por que derivar nunha mala acción de goberno.

E desde fóra do Consello de Ministros, a voceira socialista no Congreso invita a ignorar o ruído mediático, pero admite que as cousas se poden facer mellor.

O protocolo de actuación laboral ante o coronavirus e o borrador da futura lei de liberdade sexual foron algúns do temas en que os socios no Executivo discreparon nos últimos días.

Noticias web

06/03/2020