CRTVG

Buscar

PSA entrega sete vehículos e cinco motores para diferentes centros de FP de Galicia

Publicado o 16/12/2020 20:17

En Vigo, o Grupo PSA entregou a representantes do Goberno galego sete vehículos e cinco motores, non comercializables, destinados a diferentes centros de Formación Profesional da nosa comunidade.

Unha actuación que se enmarca na aposta do grupo automobilístico pola formación como camiño para acadar a excelencia.

Os conselleiros de Educación e de Emprego agradeceron esta doazón que, segundo manifestaron, facilitará aos estudantes galegos o acceso ao mercado laboral mellor preparados.

Noticias web

16/12/2020