CRTVG

Buscar

Protestas veciñais contra un espigón na ría de Foz por cambiar a ondaxe

Publicado o 09/04/2021 20:38

O proxecto para construír un espigón na ría de Foz desata as protestas de colectivos veciñais que consideran que é innecesario, que se presentou sen información previa e que pode poñer en risco tanto as praias como a práctica dos deportes naúticos, especialmente o surf, en toda a zona ao alterar o curso das ondas. Piden que non se leve a cabo e que se deixe a ría como está agora. 

As imaxes de surfistas collendo a famosa ola do canal, unha das máis coñecidas de Galicia, poderían non repetirse se o Minsiterio para a Transición Ecolóxica constrúe un espigón díante da praia de Altar. Eso din os grupos veciñais que se opoñen á obra que aseguran que alteraría o curso da ondaxe na ría de Foz. Tamén se alega que o espigón traería consecuencias imprevisibles para a faixa costeira ao desviar o curso da auga.

"A obra non é necesaria. Danaría as casas da parte da Anguieira e frenaría o desenvolvemento turístico", asegura Luis Fernández, do Club Naútico de Foz

Tamén hai críticas dende o punto de vista mediaombiental. Aseguran que o espigón, duns 190 metros de lonxitude, modificaría o hábitat de numerosas especies de aves e peixes poñendo en risco a súa supervivencia."Hai especies que veñen alimentarse e criar aquí e co espigón poderían ter que marchar.", salienta o biólogo Carlos Gil

Argumentos biolóxicos, de orde xeolóxica e ata deportivos esgrimen os grupos que se opoñen a construción dun espigón diante desta praia de Altar, que tería sete metros de altura de pedra e formigón.

A plataforma SOS Praia de Altar que rexeita o espigón reuniu 2.000 sinaturas en só dous días para paralizar o proxecto. Agora agardan recibir o apoio dos concellos de Foz e Barreiros e que as obras non se leven a cabo, polo menos, como están concebidas.

Noticias web

09/04/2021