CRTVG

Buscar

Protestas en varias cidades contra o proxecto para regular a actividade dos repartidores

Publicado o 04/02/2021 16:06

Os repartidores a domicilio, coñecidos como riders, mobilizáronse hoxe en varias cidades contra o proxecto lexislativo para regular esta actividade.

Os que se manifestaban hoxe queren seguir sendo autónomos e o plan do Executivo pasa por converter todos os traballadores de plataformas dixitais en traballadores por conta allea.

En Madrid para manifestarse tiveron que sortear a falta de autorización por parte da Delegación do Goberno. Fixérono circulando preto do Ministerio de Traballo, onde deixaron as súas reivindicacións.

Achacan ao Goberno falta de diálogo. Queren que os escoiten para non acabar como compañeiros que xa están contratados por conta allea en condicións precarias.

Pretenden mellorar as condicións e o seu modelo de traballo, pero seguir sendo autónomos.






 

Noticias web

04/02/2021