CRTVG

Buscar

Protestas en Francia contra as medidas anticovid do Goberno

Publicado o 01/08/2021 13:27

Por terceira fin de semana consecutiva, miles de franceses protestaron nas rúas contra as medidas anticovid tomadas polo presidente Macron.

Segundo o Ministerio do Interior, máis de duascentas mil persoas participaron nas manifestacións celebradas este sábado en varias cidades de Francia, aínda que a principal foi a de París. Os participantes, apoiados por colectivos contra as vacinas e pola ultradereita, queren que o Goberno francés anule a esixencia do certificado sanitario para o acceso a lugares públicos e que os sanitarios non teñan a obriga de vacinarse contra a covid.

Noticias web

01/08/2021