Protestas de comerciantes e empresarios da raia polo peche das fronteiras
Publicado o 27/04/2021 12:41
Comerciantes e empresarios da raia reclaman a apertura inmediata de todos os pasos fronteirizos entre Galicia e Portugal. En Valença do Miño recibiron cunha concentración o primeiro ministro portugués.
Empresarios de Camiña, Valença ou Vila Nova de Cerveira aseguran que teñen perdas millonarias cada semana. O mesmo pasa do lado galego. Xa van tres meses seguidos de peche das fronteiras. A última prórroga remata o 1 de maio, sen que haxa unha data para a reapertura.