CRTVG

Buscar

Protestas da CIG en 15 localidades para pedir medidas que palíen a crise

Publicado o 15/12/2020 13:25

A CIG convocou concentracións este mediodía en 15 localidades galegas para demandar políticas económicas e sociais para dar resposta á crise xerada pola pandemia.

O secretario xeral do sindicato, Paulo Carril, participou no acto celebrado en Lugo. A CIG elaborou unha batería de propostas para a recuperación económica, a industrialización e a creación de emprego.

Son medidas de carácter transversal coa implicación das administracións, as empresas e as forzas sociais.

 

Noticias web

15/12/2020