Protestas contra o Goberno de Boris Johnson polas restricións anticovid−19
Publicado o 28/06/2021 08:22

En Londres, esta fin de semana miles de cidadáns manifestáronse nas rúas contra as restricións pola covid−19. Este domingo a mobilización convocárona empresarios do ocio nocturno, con manifestación festiva que congregou unha multitude no centro de Londres. A reapertura total da actividade económica no Reino Unido foi tamén a demanda doutra concorrida manifestación en contra da decisión do Goberno de Boris Johnson de aprazar ata xullo o levantamento das últimas medidas sanitarias polo aumento dos contaxios.