Protestan na rúa en Lugo contra a ocupación ilegal de vivendas
Publicado o 03/03/2019 14:53
Os veciños do barrio lugués das Gándaras volveron manifestarse este domingo para protestar polas ocupacións ilegais de vivendas e demandaron solucións urxentes.
O itinerario desta acción de protesta foi semellante ao realizado hai dúas semanas e os manifestantes detivéronse ante as casas ocupadas. A asociación de veciños do barrio reclama unha maior actuación policial para evitar que se repita o que definen como "unha situación de indefensión". Tamén insisten en que nada cambiou nos últimos quince días e que seguen sen producirse os desaloxos tras moitos meses de espera.