Protesta sonora do sector artesanal contra as normas europeas de control da pesca
Ás doce do mediodía comezaron a soar nos principais portos de Galicia as bucinas dos barcos da frota artesanal. Convocados pola Federación de Confrarías de Pescadores, quixeron protestar deste xeito contra o novo regulamento de control que baralla a Unión Europea.
As máis de 4.300 embarcacións do sector, xunto a mariscadoras e percebeiros, detiveron a súa actividade para deixar claro que consideran disparatadas as medidas propostas por Bruxelas.
Rexeitan as normas sobre xeolocalización, a instalación de cámaras en buques de máis de doce metros de eslora, a obrigatoriedade de remitir datos das mariscadoras de a pé e da flota de catro a doce metros dende as embarcacións.
A Federación teme as consecuencias destas medidas no sector artesanal galego que ten unha características propias e lamenta o descoñecemento deste mundo nas institucións europeas.