O Goberno dálle un ultimato a Alcoa mentres A Mariña protesta nas ventás
Potas soando desde as ventás na Mariña. Co ruído intentan frear o peche de Alcoa. Os traballadores adaptan as protestas á situación que marca o coronavirus, pero a reivindicación non cesa.
Os últimos datos da situación da empresa correspóndense cunha reunión telemática mantida entre o comité de empresa e o Secretario de Industria do Ministerio, Raúl Blanco.
Acordouse que o Goberno vai solicitar públicamente a paralización do Expediente de Regulación de Emprego e apoiará deste xeito a solicitude presentada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Tamén se asegurou nesta xuntanza que o Goberno central lle deu a Alcoa unha semana de prazo para que recapacite e ceda á venda da empresa, para a que habería un invesdtidor industrial do sector do aluminio.
Por último, o Goberno comprometeríase a poñer un prezo competitivo, entre 25 e 35 euros o MW/h. Ligado a un plan de viabilidade industrial a dez anos.
A vindeira reunión, esta xa se fora posible de xeito presencial, quedou fixada para a próxima semana, concretamente para o martes 14, ás 5 da tarde.